Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

Contos en familia

Imagen
 Hoxe foi o turno do conto da familia de Lola, de 5º EI. Unha fantástica representación de "Amelia quere un can". Moitas gracias pola vosa colaboración!

Feliz Samaín! Happy Halloween!

Imagen
 Hoxe tivemos una visita moi especial para celebrar o Samaín!  Tontón e Violeta contáronnos o conto de "O Grúfalo" ("The Gruffalo") en galego e en inglés. Mesmo aprendemos unha canción sobre este becho tan extraño!

Recomendacións lectoras

Imagen
Aquí tedes as recomendacións para esta semana. Feliz Samaín! 1. Monstruo triste, monstruo feliz 2. ¡Te voy a comerrr...! 3. A bruxa regañadentes 4. Sopa de calabaza 5. Unha pantasma con asma 6. O noso Samaín 7. Busca y encuentra. Brujas 8. Fiz, o coleccionista de medos 9. ¡Fuera de aquí, horrible monstruo verde! 10. ¡Cómo mola tu escoba! 11. Monstruos divertidos 12. Busca y encuentra. Fantasmas y vampiros

Contos en familia

Imagen
 Hoxe vixualizamos dous novos contos da man da familia de Mario, de 6º EI.  A posta en escena foi xenial! Moitas gracias pola vosa colaboración.

Máis información sobre o catálogo

Imagen
 Cando buscamos no catálogo os distintos libros podemos saber se están dispoñibles para o préstamo fixándonos en dous detalles: o estado e a sección. Cando no estado pon "emprestado" quere dicir que ese conto non está dispoñible neste momento.  Os libros que se poden emprestar son os que están nas seccións da biblioteca que tedes nesta ligazón . (1. AZUL CLARO- O mundo que nos rodea, 2. VERMELLO - O mundo que nos rodea, 3. LARANXA - O mundo que nos rodea, 5. VERDE - O mundo que nos rodea, 6. AZUL - O mundo que nos rodea, 7. ROSA - O mundo que nos rodea, 9. GRIS - O mundo que nos rodea, 0. MARRÓN - O mundo que nos rodea, 8. Libros con sorpresa, 8. Libros con música, 8. Libros para contar, 8. Libros para ver, 8. Libros para aprender a ler, 8. Inglés e Biblioteca de nais e pais) NON se poden emprestar os que están nas distintas aulas.

Recomendacións Lectoras

Imagen
 Aquí tedes algunhas recomendacións dos libros que temos na biblio. Podedes solicitar o préstamo a través da ligazón que atoparedes no menú do blog. 1. O artista que pintou un cabalo azul 2. A vaca que puxo un ovo 3. Animales increíbles 4. Que fai falta? 5. Eu cociño, ti cociñas? 6. Laberinto en el campo 7. Un planeta sin cuentos 8. Qué le pasa al planeta? 9. Rescate animal 10. El Dragón Zog 11. Agua 12. Pitusa Semifusa e os estilos musicais

Contos en familia

Imagen
 Hoxe tivemos un conto moi especial, xa que é de creación propia! Moitas gracias á familia de Fran e Arián de 4ºEI pola vosa participación. Encantounos!

Contos en familia

Imagen
 Hoxe visualizamos o primeiro conto en familia a distancia, e foi todo un éxito! Lucas de 4ºEI e a súa mamá contáronnos un conto bilingüe sobre un coñecido canciño. Gustounos un montón! Moitas gracias pola vosa participación! 

Instrucións para a busca no catálogo

Imagen
 A busca de rexistros no catálogo pode facerse de varios xeitos.  Búsqueda avanzada por tema ou materia: Introducimos no campo "Tema" a materia que queiramos buscar e podemos empregar os demais campos para filtrar por idioma, sección, editorial... Estas son algunhas das materias máis frecuentes: CELEBRACIÓNS E TEMÁTICAS Paz,    Nadal,  Samaín,  Mulleres,  Igualdade,  Dereitos,  Diversidade,    Medioambiente,  Familia,  Emocións,  Abellas,  Granxa,  Oficios,  Alimentación,  Educación viaria,  Autonomía e hixiene,  Culturas,  Ioga e relaxación,  Biblioteca Familias,  Valores FORMATO Maiúsculas,  Busca e atopa,  Pictogramas Busca simple por tema ou materia: Para buscar por autor ou título seguiremos os mesmos pasos. Hai que ter en conta que o autor debe poñerse no formato "Apelido, Nome". Se queremos ver un listado completo de libros, de autores ou de materias temos que empregar a barra de busca simple da parte superior e facer unha busca por letra.

Seccións da Biblioteca

 Aquí podedes ver as distintas seccións que hai na biblioteca. Pinchando en cada categoría aparece a descrición.

Estreamos sección!

 Agrádanos moito presentarvos a nova sección destinada aos adultos da familia. Nesta sección atoparedes títulos diversos que podedes consultar no catálogo introducindo o tema "Biblioteca familias". Polo momento temos unha pequena selección que iremos ampliando pouco a pouco. O sistema de préstamo será o memo que cos libros infantís. Teredes que cumplimentar o formulario dispoñible nesta páxina web. Agardamos que atopedes esta sección útil e poñemos unha vez máis á vosa disposición o buzón de suxestións por se vos gustaría atopar algún título do que non dispoñemos.

Comezo do préstamo

Imagen
Estimadas familias, mañá comezaremos a facer o préstamo para que os nenos e nenas poidan levar á casa os libros que máis lles gusten.  Como sabedes, as condicións sanitarias actuais fan que non sexa posible o acceso á biblioteca polas tardes, pero non queremos que isto sexa un impedimento para poder desfrutar dos moitos libros cos que contamos na escola. Por este motivo, o préstamo realizarase mediante unha solicitude telemática.  Neste blog tedes unha ligazón ao catálogo da biblioteca da escola, onde podedes buscar por títulos, autores, temáticas, e incluso filtrar por idioma.   A solicitude deberá facerse a través da ligazón que atoparedes no menú do blog, debaixo do catálogo. De ser posible o préstamo do título (xa que non sempre se actualiza correctamente o catálogo en liña) enviarase na mochila da nena ou do neno.  No caso de non atopar o que buscades no catálogo, sempre podedes empregar o buzón de suxestións dispoñible e nós faremos o posible por atender as vosas peticións.  Tras

Conto da fin de semana

 Hoxe é o primeiro venres de outubro e, como todos os anos, comezamos co conto da fin de semana. Este ano non levarán a carpeta de Tontón co traballiño, pero deixámosvos algunhas ideas para traballar o conto cos nenos e nenas. - Debuxar as personaxes ou escenas do conto. - Dramatizar a historia poñendo voces ás personaxes. - Contar cantas personaxes que aparecen. - Falar do que máis lles gustou do libro ou da historia. - Inventar un final novo. Irémosvos deixando máis ideas ao longo do curso. Que teñades unha feliz fin de semana de lecturas!

Benvidos de novo!

Imagen
  Benvidos de novo á biblio! Hoxe tocou inaugurar a biblioteca para este curso escolar 2020-2021. Nas nosas aulas recibimos unha invitación do Dragón Tontón pedíndonos un pouquiño de axuda. Lembramos onde podemos atopar cada libro e aprendimos as novas normas para empregar a biblioteca. Temos que ir sempre coa máscara ben colocadiña e limpar as mans con xel antes de tocar nada. Por último escoitamos un conto dunha personaxe moi especial… un pequeno crocodilo ao que non lle gustaba nada a auga... sería en verdade un crocodilo? Agardamos que este ano poidamos desfrutar moito da biblioteca!