Comezo do préstamo



Estimadas familias,

mañá comezaremos a facer o préstamo para que os nenos e nenas poidan levar á casa os libros que máis lles gusten. 

Como sabedes, as condicións sanitarias actuais fan que non sexa posible o acceso á biblioteca polas tardes, pero non queremos que isto sexa un impedimento para poder desfrutar dos moitos libros cos que contamos na escola. Por este motivo, o préstamo realizarase mediante unha solicitude telemática. 

Neste blog tedes unha ligazón ao catálogo da biblioteca da escola, onde podedes buscar por títulos, autores, temáticas, e incluso filtrar por idioma.

 





A solicitude deberá facerse a través da ligazón que atoparedes no menú do blog, debaixo do catálogo.

De ser posible o préstamo do título (xa que non sempre se actualiza correctamente o catálogo en liña) enviarase na mochila da nena ou do neno. 

No caso de non atopar o que buscades no catálogo, sempre podedes empregar o buzón de suxestións dispoñible e nós faremos o posible por atender as vosas peticións.

 Tras as devolucións todos os libros pasarán unha corentena anntes de volver á circulación.

Agardamos ter un curso con moito movemento na biblioteca.

Felices lecturas!


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras