Benvidos de novo!

 

Benvidos de novo á biblio!

Hoxe tocou inaugurar a biblioteca para este curso escolar 2020-2021.

Nas nosas aulas recibimos unha invitación do Dragón Tontón pedíndonos un pouquiño de axuda.

Lembramos onde podemos atopar cada libro e aprendimos as novas normas para empregar a biblioteca. Temos que ir sempre coa máscara ben colocadiña e limpar as mans con xel antes de tocar nada.



Por último escoitamos un conto dunha personaxe moi especial… un pequeno crocodilo ao que non lle gustaba nada a auga... sería en verdade un crocodilo?

Agardamos que este ano poidamos desfrutar moito da biblioteca!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras