Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2021

Novidades outubro

Imagen
Nesta sección de novidades iremos actualizando as novas adquisicións da biblio. Estes son os contos que se sumaron á coleción neste mes outubro.

Contos en familia

Imagen
 Hoxe foi o primeiro venres de contos en familia do curso. Desfrutamos dun favorito como é "A que sabe a lúa?" por parte da mamá de Lucas de 5ºEI coa súa colaboración. Moitas gracias pola vosa participación!

Comezo do préstamo

 A biblio xa está en marcha e comezamos co préstamo. Este ano continuamos coas restricións do curso pasado polo que continuamos co mesmo sistema para realizar o préstamo. Podedes solicitar un conto a través do formulario dispoñible no menú deste blog para levar para casa durante un máximo de 15 días. No menú tedes acceso ao catálogo de todos os títulos dos que dispoñemos na biblioteca e ademais navegando polo blog atoparedes entradas con distintas recomendacións. Iremos actualizando novas recomendacións periódicamente. Deixámosvos as instrucións para realizar o préstamo e para buscar no catálogo. INSTRUCIÓNS PARA SOLICITAR O PRÉSTAMO https://ostesourosdetonton.blogspot.com/2020/10/comezo-do-prestamo.html INSTRUCIÓNS PARA A BÚSQUEDA NO CATÁLOGO https://ostesourosdetonton.blogspot.com/2020/10/instrucions-para-busca-no-catalogo.html https://ostesourosdetonton.blogspot.com/2020/10/mais-informacion-sobre-o-catalogo.html

Benvidos de novo!

Imagen
 Hoxe foi a inauguración da biblioteca e atopámonos cunha sorpresa... a Tontón desaparecéronlle as cores! Entre todos intentaremos devolvelo ao seu estado orixinal.  Tamén descubrimos recunchos novos da biblio e este ano agardamos vir moito por aquí!