Conto da fin de semana

 Hoxe é o primeiro venres de outubro e, como todos os anos, comezamos co conto da fin de semana.

Este ano non levarán a carpeta de Tontón co traballiño, pero deixámosvos algunhas ideas para traballar o conto cos nenos e nenas.

- Debuxar as personaxes ou escenas do conto.

- Dramatizar a historia poñendo voces ás personaxes.

- Contar cantas personaxes que aparecen.

- Falar do que máis lles gustou do libro ou da historia.

- Inventar un final novo.

Irémosvos deixando máis ideas ao longo do curso.


Que teñades unha feliz fin de semana de lecturas!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Semana do Día do Libro

Contos en familia